Nacín no ano 1960 nunha aldea medieval da Limia. Materialmente tiñamos poucas cousas. Íamos por auga ás fontes, facíamos lume no chau co que cociñabamos e nos quentabamos, vivíamos en promiscuidade cos animais, colliamos os recursos do entorno e da naturaleza que era vizosa e de enorme biodiversidade. Eramos un balbordo de xente. Cociamos o pan mouro no forno comunal con enerxía nosa que procurabamos no monte. Podiamos ser felices pero non o sabiamos, quixemos salir fora mesturándonos coa sociedade de consumo e vendendo o noso traballo cando antes eramos libres e donos de pequenas explotacións de supervivencia.
Crieime en Prada de Conflent, Francia; e en Xenebra, Suiza. Considérome un híbrido e necesito todas estas subculturas para sentirme ben. Alén diso considero cidades de acollida, París e Montréal onde estou moi a gusto. No máis fondo son un aldeán.
Quero retornar á aldea coas ventanas abertas ó mundo e a mirada entrenada para ver no interior de un mesmo.
Faltábanos o saber, a conciencia. E tiñamos unha cultura propia riquísima.
A miña loita vai ser, ata que fine, a recuperación do paraíso perdido, a patria da infancia. Non tanto as casas senon o tecido social, a procura de xente, de veciños. Consciente de que materialmente necesitamos pouco, e básicamente compartir.
Compartir medios, instrumentos, a palabra, o lecer, actividades, a comunicación, e o afecto.
Procuramos aportar solucións ou alternativas a pequena escala ós grandes males xenerados por o actual sistema de consumo e economía especulativa.
O proceso é un proceso aberto que se irá concretando no camiño con novas aportacións que hoxe aínda non entrevemos
Vivo de dar aulas, son profesor de ensino secundario. No ensino teño encontrado alumnos extraordinarios, ciudadanos do futuro que axudan ó proxecto, enormemente creativos.
Son psicólogo con vocación de terapeuta e de axuda nos procesos de crecemento.Estou no camiño da meditación e da expansión da conciencia.
Estamos para construir un espazo solidario de cooperación e inter-axuda.
Porque desde que nacín nunca pensei ter acadado tanto materialmente.
Soño a miña aldea como un campus de pensadores.
Unha aldea universal.
Aldea do futuro.
Participo no tecido social nestes eidos:
Hoxe considero que temos que refundar asociacións radicais e libres no eido do consumo, as nacidas ó amparo de ideoloxías para seren controladas non cumplen a función agás a da súa própia supervivencia.
Crio e recupero a raza autóctona de can: Castro Laboreiro. Escomencei hai vinte anos cando a raza estaba a piques de desaparecer e considero ter algún exemplar de fémia “top” despois dun longo proceso de selección. Son coñecido neste eido e perteñezo á asociación portuguesa do can de Castro Laboreiro: www.apccl.net
Se che interesan algún destos mundos, contáctame.
Chámanme Bouzo.