Anaman

José Manuel Bouzo Limia

Nacín no ano 1960 nunha aldea medieval da Limia. Materialmente tiñamos poucas cousas. Íamos por auga ás fontes, facíamos lume no chau co que cociñabamos e nos quentabamos, vivíamos en promiscuidade cos animais, colliamos os recursos do entorno e da naturaleza que era vizosa e de enorme biodiversidade. Eramos un balbordo de xente. Cociamos o pan mouro no forno comunal con enerxía nosa que procurabamos no monte. Podiamos ser felices pero non o sabiamos, quixemos salir fora mesturándonos coa sociedade de consumo e vendendo o noso traballo cando antes eramos libres e donos de pequenas explotacións de supervivencia.

 

Crieime en Prada de Conflent, Francia; e en Xenebra, Suiza. Considérome un híbrido e necesito todas estas subculturas Europeas para sentirme ben. Alén diso considero cidades de acollida, as cosmopolitas París e Montréal onde estou moi a gusto. No máis fondo son un aldeán.

Quero retornar á aldea coas ventanas abertas ó mundo e a mirada entrenada para ver no interior de un mesmo.

Faltábanos o saber, a conciencia. E tiñamos unha cultura propia riquísima.

 

Hoxe

A miña loita vai ser, ata que fine, a recuperación do paraíso perdido, a patria da infancia. Non tanto as casas senon o tecido social, a procura de xente, de veciños. Consciente de que materialmente necesitamos pouco, e básicamente compartir.

Compartir medios, instrumentos, a palabra, o lecer, actividades, a comunicación, e o afecto.

Procuramos aportar solucións ou alternativas a pequena escala ós grandes males xenerados por o actual sistema de consumo e economía especulativa.

O proceso é un proceso aberto que se irá concretando no camiño con novas aportacións que hoxe aínda non entrevemos

Vivo de dar aulas, son profesor de ensino secundario. No ensino teño encontrado alumnos extraordinarios, ciudadanos do futuro que axudan ó proxecto, enormemente creativos.

Son psicólogo con vocación de terapeuta e de axuda nos procesos de crecemento. Estou no camiño da meditación e da expansión da conciencia.

Estamos para construir un espazo solidario de cooperación e inter-axuda.

Porque desde que nacín nunca pensei ter acadado tanto materialmente.

Soño a miña aldea como un campus de pensadores.

Unha aldea universal.

Aldea do futuro.

Participo no tecido social nestes eidos:

Espiritualidade:

  • Participo nos seminarios e obradoiros de José María Fericgla en Barcelona. www.canbenetvives.org ; societat d’etnopsicologia aplicada i estudis cognitius SdeA.
  • Nos cursos da fundación “El arte de vivir” posta en marcha por Sri Sri Raví Sankar. www.elartedevivir.es
  • Interésome por a escola de Fabrice Midal de meditación, l’école occidentale de meditation: www.ecoleoccidentaledemeditation.fr
  • Estou en contacto con varias iniciativas locales de meditación Zen e Vipasana.
  • Na miña etapa universitaria, e posterior, encadreime dentro do enfoque sistémico e estratéxico de terapia familiar do que gardo fonda influencia.
  • Formo parte de unha Sociedade “discreta” e iniciática da rama liberal francesa. Iniciado na l.: “Ara Solis”, no oriente da Coruña. Gosto inmenso de ter por irmaus a algúns capitás do 25 de abril. E intégrome no G.: O.: I.:
  • Coñezo a acacia.

Ecoloxismo, movementos alternativos:

  • Perteñezo desde a súa fundación á cooperativa de consumo responsable semente.
  • Perteñezo desde os primeiros setenta ó movemento ecoloxista, participando en varias asanbleas estatais da CAME, coordinadora asamblearia do movemento ecoloxista; lexión verde da laboral anos setenta, ano 1976 iniciadores de Ridimoas; e desde o inicio dos oitenta mantéñome na sociedade galega de historia natural, S.G.H.N., un grupo que se inscribirá na historia con letras de ouro por o seu rigor de traballo, honestidade e profundidade.
  • Fun dirixente do movemento consumerista desde mediados dos anos 80: 1985 A.G.C.; Asociación Galega de Consumidores; Fundei, e presidín durante catro anos, a Unión de Consumidores de Galicia-UCE, nada previamente na U.G.T. co nome de Unión Federal de Consumidores.

 

Hoxe considero que temos que refundar asociacións radicais e libres no eido do consumo, as nacidas ó amparo de ideoloxías para seren controladas non cumplen a función agás a da súa própia supervivencia.

Crio e recupero a raza autóctona de can: Castro Laboreiro. Escomencei en 1991 cando a raza estaba a piques de desaparecer e considero ter algún exemplar de fémia “top” despois dun longo proceso de selección.

 

Meditación. A actividade que máis desenvolvo a día de hoxe.

Actualmente participo con constancia en varias iniciativas Zen.

Escuela del Silencio que parte de un núcleo en torno ó Dominico Padre Moratiel, maestro Zen:

https://www.dominicos.org/espiritualidad/escuela-del-silencio/

Escuela Shazensha de Pedro Vidal.Definese como zen cristiano basado en San Juan de la Cruz. Varios encontros de fin de semana nos mosteiros de Sobrado dos Monxes, Oseira y Armenteira.

https://sincroniazen.com/

Escuela Soto Zen, Luz Serena:

https://sotozen.es/luzserena/la-vida-en-luz-serena/

Se che interesan algún destos mundos, contáctame.

Chámanme Bouzo.

 

Para quen lle interese.

Continuo a narración no vencello-link do final de este texto, titulado “TRAYECTORIA Y ESCUELAS FRECUENTADAS”.

Decidín descargar este capítulo de un libro que estou redactando en castelán. Alén de este capítulo de pouco interés para a xeneralidade dos lectores, pero sí orientativo para xustificar a orixe da miña actividade fundamental, coloquei na sección “Mindfulness-Meditación” dous capítulos máis do libro. Pretendo alixeiralo e destinar este medio a quenes dispoñan de máis tempo. Os capítulos son: “Nueva higiene escolar en base a las observaciones aportadas por la introducción de la meditación en las escuelas” e “Ciencia y neurociencia aplicada a la meditación”.

Nazco en una aldea de la Galicia Profunda, medieval, sin luz eléctrica, en una cultura económica de autosuficiencia, al límite de la supervivencia, rozando la autarquía, pero con una cosmovisión propia, indígena, original, y riquísima de la que no éramos conscientes hasta contrastarla con otras cuando emigramos a Europa. Como muchos indígenas de ibero-américa o áfrica no se sabe bien cual fue el día exacto de mi nacimiento. La desaparición de mi cultura, suplantada por la sociedad de “producción-y-consumo”, me conmocionó, y la adaptación me fue dificilísima. Uno de los mejores libros de antropología  referido a mi cultura desaparecida es : “Loureses, antropología de una parroquia gallega”, de Manuel Mandianes Castro, Ed. Xeráis.

Continua en TRAYECTORIA Y ESCUELAS FRECUENTADAS…..