Anaman

  1. Home
  2. /
  3. Medio ambiente - Cinofilia
  4. /
  5. 20 anos de Voz-Natura,...

20 anos de Voz-Natura, 50 anos de ambientalismo e ecoloxismo.

No artigo de “La Voz de Galicia”, Luns 15 de mayo de 2023-sección sociedad pg-25, Titulo: “El profesor que lleva viente años dando impulso a Voz Natura”, trázase un percorrido de 20 anos, exclusivamente referido ás intervencións escolares con proxectos medioambientais. A diversidade de actuacións é intensa: un censo de árbores senlleiras na comarca de Trives-Manzaneda, I.E.S Xermán Ancochea Quevedo, reivindicación de algunha caste moi útil para a fauna no inverno como é o cancereixo, ou capudre ( Sorbus aucuparia); censo de soutos de castaños centenarios, a nena que o realizou é agora profesora de Inglés;  reivindicación do valor engadido da castaña que naqueles tempos só se vendía en fresco. Posto que viaxábamos con frecuencia a francia, tanto en intercambios como en viaxes culturais, alí nos decatamos de que obtiñan fariña, crema, mermelada, castañas cocidas envasadas ó vacío, pilongas como eiquí, marrón glacé. Naqueles momentos aínda non se abordara toda esta transformación, ano 2014. Parece evidente, pero non o era hai 20 anos, fomos avangarda. O departamento de economía aportou un proxecto cooperativo, idea retomada agora por unha cooperativa de Manzaneda. O departamento de Historia fixo un estudo da pastoricie na serra.

De francia trouxemos tamén a idea de reevindicar a leña como enerxía nosa. Acompañounos o profesor Castor, quen na sua adolescencia na vila de Trives gañara os primeiros cartiños vendendo carros de leña. Castor utilizaba un sistema mixto gasóleo-leña, e cando subíu moito o prezo do petróleo a partir do 2008 utilizaba máis leña. Servíunos de modelo para o estudo que establecemos en Maceda, I.E.S, San Mamede, encontrándonos con algún alumno que aínda utilizaba exclusivamente leña como combustible de cociña e calor no seu fogar.

En todos os proxectos incluimos a plantación de árbores preferentemente que den froito. De ahí pasamos a idear o fomento da biodiversidade.

Chegados ó I.E.S. nº1 de O Carballiño, a caída de un morcego entre duas ventanas suxeríunos a idea de crear biorrefuxios. Concepto que xa manexábamos na S.G.H.N. Sociedade Galega de Historia Natural: S.G.H.N. Sociedade Galega de Historia Natural – Anaman, na que me encadro desde hai máis de 40 anos, sociedade de impecable rigor científico á cal lle dedico unha entrada nesta web. O concepto de biorrefuxio é máis extenso que o de “nidal”, ou nío. Deuse a casualidade de que un artesano local confeccionaba cortizos para enxamios de abellas de modo tradicional, comprámoslle 3 cada ano para transformalos en acobillos de mouchos, depredadores nocturnos, e postos en vertical poderían servir de pousadoiros para morcegos. Houvo que intervir no seu diseño primitivo. Prácticamente cada árbore do xardín que circunda o instituto ten un biorrefuxio, transformado e modificado. Sempre con elementos naturais.

Outro elemento  é proporcionar auga de modo contínuo. A auga é máis fundamental que a comida. Resolvémolo con bebedeiros sempre cheos conectados ás mangueiras do xardín, con bebedeiros cerámicos para pitas modelados por alfareiros de Niñodáguia, con unha pía que procurábamos encher sempre que podíamos.

De francia tamén trouxemos a idea de “Hotel de Insectos”, ano 2013. Faremos unha entrada en exclusiva para este proxecto, anque senlleiro tamén potencia a biodiversidade. Ríanse de min, como se riron de min por ocurrírseme empezar toda-las miñas clases con 5 minutos de conciliación coa interioridade, exercicios atencionais, meditación ou mindfulness, ou se queren Nada.Meditación – Mindfulness arquivos – Anaman  Non vexan o que me custou sobrevivir. Pouco a pouco vaise colgando todo nesta páxina, véxase a sección meditación-mindfulness. O modus operandi dos biorrefuxios están colgados en videos; a diversidade de intervencións tamén. O traballo realizábase en recreos ou momentos intersticiais agás as plantacións de árbores que simbólicamente eran realizadas por aulas enteiras, coa intención de que cada una tivera o seu de referencia.

Cando o técnico de Voz-Natura, Alejandro Díaz Sueiro, veu tomar conta do traballo desenvolvido quedou gratamente sorprendido por os rechouchíos varios que abouxaban no recinto á horas luminosas e moi osixenadas da mañá. Despois de oito anos de intervención notouse o incremento de fauna. Tamén se fixo un censo de especies de vertebrados, e o departamento de bioloxía ( Xúlio Álvarez) elaborou varios textos formativos nun dos cales se publican toda-las castes arbóreas que convertian o xardín nun minibotánico. Nós encargámonos de sumar diversidade: gingko biloba, acevos, érvedos, froitais diversos: cereixos varios, amendoeira, nespereiro, incluso algún tilo para dar olor, posto que os bons olores crean un clima especial de convivencia. No video da t.v. local Badal Novas eiquí publicado, o da campaña de protección dos esgotos “non botes nada o mar empeza eiquí”, rendimos público homenaxe ás xeneracións de compañeiros profesores que desde inicios dos anos 1990 plantaron todo-las árbores que nos circundan, aplicando incontables horas de laboura apaixonada toda-las tardes, con tamén intervencións múltiples en moitos eidos medio-ambientais. https://anaman.org/o-mar-empeza-aqui/

A campaña dos esgotos tamén nace en Francia, con unha placa que dí “non tires nada, non botes nada, o mar empeza eiquí”. Decidimos levalo a vinilos para abaratar, pero como se nos complicou o colocalos nas aceras por cuestións de rugosidade, tardamos 1 ano en resolvelo con chapas de follalateiro. Esa campaña está tamén recollida eiquí nun reportaxe de “Badal Novas”. As nosas placas están en varios idiomas posto que traballamos nun medio escolar. Regalamos 8 placas por ano a medio escolares veciños, ou institucións como o Concello de O Carballiño. Actualmente estamos traballando na mesma línea no C.P.I. plurilïngue José García García de Mende, extendendo a campaña por ourense e sumando alumnado. Cabichas, microplásticos; os pellets verquidos recentemente resaltaron unha problemática de xigantescas proporcións que empeza a atallarse na escola, nos esgotos, na casa con comportamentos de Conciencia e civismo.

Comparte: